Neste episodio adentrámonos nun xénero musical ben polémico: o reggaeton. Debatemos coa artista Pauliña sobre se este estilo é realmente mais machistda do que outras expresións musicais populares. Cuestionamos os prexuízos raciais e de clase, q
A nosa ouvinte Antía propúxonos falar sobre a trintena porque, lonxe de tópicos e lugares comúns, ela pensa que a entrada nesta década si que significa cambios e reflexións importantes. Fiando o tema arredor dalgúns deses marcos que na literatu
No episodio desta semana acompáñanos a Andrea Otero, psicóloga e taekwondista, para falarmos de artes marciais.Aprendemos que son as artes marciais e en que se diferencian de calquera pelexa da rúa. Segue a ser o terreo das artes marciais un ám
Neste capítulo falamos con Marinha Area de asociacionismo e movementos sociais na Galiza, levantando cuestións sobre o papel das asociacións e preguntándonos se ás veces son unha resposta á ineficiencia do Estado ou o reflexo dunha sociedade ci
Co mundo adaptándose aínda á segunda chegada de Donald Trump á Casa Branca, as Womansplainers botamos man para falar dos EUA dunha convidada chegada de alén mar: Krisha Kinnersley, de 39 anos, procedente de Michigan e coa perspectiva que da ser
No episodio inaugural do 2025 acompáñanos a Marta Veiga, xornalista e mestra, sospeitosa habitual nas Womansplainers.Nestas datas natalicias é moi común xogar á lotería, intercambiar décimos e mercar rifas. Mais que opinamos da publicidade e c
Neste capítulo das Womansplainers, abordamos un tema que parece banal, pero que está repleto de historia, cultura e curiosidades: os pés. Exploramos como foron moldados polas normas sociais e culturais ao longo do tempo, desde práticas extremas
E será certo que todo o mundo debería facer terapia? Para comprobalo, esta semana as Womansplainers imos a terapia coa Dra. Iria Veiga, a nosa psiquiatra e opinadora de confianza.Falamos con ela de como a linguaxe terapéutica está a invadir a
A Susana Aríns, mestra, escritora e feminista, acompáñanos neste novo episodio das Womansplainers para falarmos sobre aliados.A que nos referimos cando falamos dun aliado? Como se pode ser un bo aliado dunha causa? Son as novas masculinidades
O episodio desta semana é sobre un tema que tem xerado debates acalorados: o movemento trad wife. O que significa iso de ser unha esposa tradicional nos días de hoxe? Como isto entra en conflito coas conquistas feministas que redefiniron o pape
Que é un incel? De onde saen e como chegan a selo? En que grupo de idade atopamos máis incels?No episodio desta semana mergullámonos nas profundidades de internet da man da Uxía Castro, xornalista e feminista curtida no mundo das redes sociais
Neste último episodio das Womansplaners contamos coa colaboración de María Calvo, oceanógrafa e divulgadora científica. O mar é vasto e o tempo é pouco, pero abordamos ao noso xeito cuestións como a preservación do medio mariño e o que pode in
Despois do noso episodio coa escritora Pati Janeiro, esta semana abrimos o libro por outra páxina coa editora de Cuarto de inverno, Andrea Jamardo.Adicamos a primeira parte do episodio a falarmos de libros que son prohibidos ou censurados e d
Esta semana celebramos o Día das Letras acompañadas da escritora Pati Janeiro, a nosa serióloga de confianza.Rosmamos sobre as lecturas obrigadas dos institutos, sobre os señores que presumen de que tiveron que ler a Otero Pedrayo en 4º de EXB
No episodio desta semana espímonos da man da nosa convidada Ludy, practicante do naturismo dende hai media vida e membro da Asociación Nudista de Galicia (NaturiGal).Comezamos facendo un breve percorrido pola historia do movemento naturista na
No episodio máis recente das Womansplainers abordamos o mundo da cultura do alcohol. Discutimos os impactos que esta substancia ten na nosa sociedade e como está tan integrada ata o punto de ela ser un cohesionador social. A liberdade é realmen
Pasou case un mes sen episodio das Womansplainers! Esperamos que ao contrario que a Sara Montiel non nos agardasedes fumando.E é que desde 1990, as mortes por cancro de pulmón en mulleres se multiplicaron por catro. Con estas cifras sobre a me
Sobre bicos hai moito escrito, mais cal é a orixe etimolóxica desta palabra? Dende cando e por que nos bicamos os seres humanos? Facemos un percorrido pola historia dos bicos nas diferentes culturas da man de Laura Veiga, xornalista, divulgador
Neste episodio das Womansplainers abordamos o tema da discapacidade. Exploramos este asunto desde varias ópticas coa mellor convidada posible: Carmen Santos Queiruga. Coa súa experiencia persoal e a súa franqueza, percibimos os desafíos da vive
Hai quen afirma que non se pode vivir dos libros no noso país, especialmente se quen escribe o fai en galego, mais neste episodio preguntámoslle como o fai a alguén que o consegue con arte e recoñecemento desde hai un par de décadas: a última g
Dende o desastre ecolóxico do Prestige ata o actual desastre dos pellets pasaron moitos anos, pero poucas cousas cambiaron en canto á xestión destes sucesos. Co uso das redes sociais, estas novas espállanse rapidamente, mais as responsabilidade
Son as relacións a través do móbil menos reais? Empeoran os smartphones a nosa saúde mental ou tamén poden axudar a mellorala? Hai algunha maneira de que todas as xestións administrativas e financeiras a través de apps non deixen fóra a xente d
Íamos explicar isto todo cun audio de whatsapp, pero decidimos finalmente facer un episodio sobre isto. Neste último programa exploramos como os dispositivos móbiles moldan as nosas vidas dependendo da xeración á cal pertenzamos. Evidentemente
Esta semana, as Womansplainers imos á aldea para falar do RURAL con Paki Vaizela.Falamos con ela da romantización das aldeas por parte de quen non vive nelas e de como medrou está tendencia, especialmente desde o grande confinamento.Intentamo
No episodio desta semana acompáñanos a Carmen Figueiras, arquitecta lucense e fiel ouvinte das Womansplainers. Coa súa axuda resolvemos as nosas dúbidas sobre un evento canónico que, tarde ou cedo, chega á vida de moitas: a reforma.Cal é a dif